Susto en García Camba ao caer o cristal dunha xanela á rúa e romper en cachizas
Por Redacción
Unha patrulla da Policía Local de Pontevedra e dúas dotacións do Corpo de Bombeiros desprazáronse sobre as 15.00 horas deste martes á rúa García Camba para intervir ante a aparatosa caída dun cristal á rúa.
O incidente resultou especialmente impactante para unha muller que estaba sentada nun banco situado xusto enfronte ao edificio desde o que caeu o cristal, pois se precipitou e desfíxose en cachizas xusto diante dos seus pés. Esta muller foi a primeira en chamar aos bombeiros alertando do ocorrido.
Segundo a información recollida polos bombeiros, un operario estaba a limpar na a zona de oficinas do primeiro piso do edificio numero 2 de García Camba cando o cristal precipitouse
A xanela leva dobre cristal -cada cristal co seu marco individual- e, cando o traballador estaba a virar un dos cristais para limpalo, soltouse e caeu á rúa, marco incluído. O outro cristal quedou no seu lugar.
Os bombeiros e policías deixaron a rúa cortada, coa zona afectada debidamente sinalizada, para evitar o paso de peóns pola beirarrúa afectada.
Ademais, os bombeiros foron ao primeiro piso do edificio e revisaron a xanela afectada para retirar os restos de cristais que corrían o risco de caer.