Receitas de pizza de mazá e gorgonzola e spanakopita de espinacas de queixo, no Ganapán
Por Redacción
Os rapaces que participen esta fin de semana nas actividades organizadas no Mercado de Abastos dentro de O Ganapán cociñarán deliciosas receitas inspiradas en pratos mediterráneos.
Entre os talleres propostos polo programa de lecer infantil da concellería de Promoción Económica e Turismo inclúense un obradoiro de elaboración de pizza de mazá e gorgonzola, o sábado 1 de outubro, e outro no que os nenos poderán cociñar spanakopitas de espinacas e queixo, unhas tortas vexetarianas moi populares en Grecia.
A oferta tamén será moi atractiva no eido creativo, cunha actividade de confección de simpáticos cangrexos con cores vivas e cheiriño a mar (o sábado) e outra de deseño de marionetas de dedo, no que a rapazada poderá gozar creando historias cos seus propios monicreques.
Lembra a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, que "todos aqueles nenos e nenas de 4 a 10 anos que desexen participar nos talleres deberán reservar a súa praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, indicando no correo se teñen algunha alerxia ou intolerancia".
"Que ninguén esqueza a súa friameira para levar a casa eses sabores italianos e gregos que cociñen no Ganapán", subliña a edil do PSOE.
Relacionadas:
-
O Ganapán ponse reposteiro e outonal
Por Redacción |
-
O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción |
-
Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O Ganapán retoma as actividades infantís no Mercado de Abastos durante as fins de semana
Por Redacción |