O CIM de Sanxenxo quenta para o 25-N con talleres sobre igualdade e empoderamento feminino
Por Redacción
O Centro de Información á Muller (CIM) de Sanxenxo inicia a súa programación con talleres e formación sobre igualdade, o empoderamento feminino e contra a violencia de xénero como actividades previas á conmemoración do 25-N.
O IES de Vilalonga contará este xoves, entre as 10 e as 14 horas, cun punto violeta da campaña “Agresión off: Eu digo non á violencia sexual” dentro do acordo de colaboración asinado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp.
As sesións de educación afectivo sexual como prevención da violencia de xénero comezarán este venres nos centros educativos municipais. Co proxecto “Quéreme menos e quéreme mellor”, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, búscase previr a violencia machista en idades temperás cun total de 300 horas repartidas en 4 meses.
A formación en igualdade chegará tamén ao Taller de Memoria de Sanxenxo. O CIM realizará sesións de difusión e sensibilización durante o mes de outubro contra a violencia de xénero.
A programación do Centro de Información á Muller inclúe un taller de empoderamento feminino e autoestima que impartirá Silvia Fernández De Luna na Confraría de Pescadores de Portonovo. As prazas son limitadas e as mulleres que queiran asistir poden inscribirse no correo cim@sanxenxo.org ata o 14 de outubro. Traballaranse técnicas de respiración consciente, recoñecemento corporal, aromaterapia e de desconexión emocional. As clases serán o 21 e 28 de outubro ás 17 horas e o 4 e 11 de novembro ás 19 horas.
Relacionadas:
-
A señorita Carmiña é a nova protagonista do TikTok de Helena López
Por Redacción |
-
A Federación pola Igualdade das Mulleres de Pontevedra entrega os seus premios en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo anuncia os actos previstos ao redor do 8M
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo ultima o seu quinto Plan de Oportunidades e Prevención da Violencia de Xénero
Por Redacción |
-
Concurso en Tik Tok para loitar contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Os centros educativos de Sanxenxo ofrecerán educación afectiva sexual contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo leva aos centros educativos un concurso de Tik Tok contra a violencia machista
Por Redacción |