Felipe VI afirma en A Toxa que a guerra de Ucraína está a ser "un nexo de unidad y de solidaridad"
Por Oskar Viéitez
O rei Felipe VI inaugurou este xoves a IV edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, que concedeu o seu premio anual ao "valiente" pobo ucraíno pola súa "heroica resistencia".
"España está con Ucraína", dixo no seu discurso o monarca, que expresou a "rotunda condena y rechazo" do país tanto á agresión como ás "pretensiones" de Rusia coa súa invasión.
Para Felipe VI, "la violencia contra Ucrania ha resultado ser un nexo de unidad y de solidaridad" xa que reforzou o vínculo atlántico e a OTAN, e provocou unha resposta común europea no ámbito da seguridade e a defensa ou nunha política enerxética que minimice vulnerabilidades e dependencias excesivas.
Lembrou tamén consecuencias da guerra en Ucraína como a alza da inflación e considerou que a nova política monetaria dos bancos centrais debe compasarse coa atención ao crecemento económico e á evolución do mercado de traballo.
Da mesma forma, defendeu o interese de España, xunto con Portugal, de ter un papel máis activo no debate dos retos globais.
O embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, agradeceu a distinción e pediu que España siga apoiando ao seu país tanto con axuda humanitaria como con armamento.
Entre outras autoridades, asistiron á apertura deste Foro La Toja, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares; o alto representante para a Política Exterior e de Seguridade da Unión Europea, Josep Borrell; o líder do PP, Alberto Núñez-Feijóo e os ex presidentes do Goberno de España, Felipe González e Mariano Rajoy e de Arxentina, Mauricio Macri.
Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, alertou sobre a "ameaza" que supón para os réximes democráticos europeos o auxe do "populismo de los extremos" que "utilizan" conceptos como a liberdade ou a verdade "como trampolín para asaltar la democracia y minarla desde dentro".
"No podemos persistir en el error de que la democracia sobrevivirá solo por la superioridad de sus principios", apuntou o presidente galego, que subliñou que a "mejor defensa" que pode ter o sistema democrático "es consolidarla con menos retórica y más hechos".
A este perigo "que nos acecha desde dentro", o titular da Xunta sumou amenazas externas que identificou con Rusia, a crise enerxética ou o aumento da inflación, que están creando "focos de incertidumbre" entre os cidadáns.
Relacionadas:
-
A Princesa Leonor estudará o próximo ano na Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Pedro Sánchez insiste no Foro La Toja en que "los más pudientes tienen que arrimar el hombro"
Por Oskar Viéitez |
-
Felipe Gonzalez e Mariano Rajoy propoñen "que declaren illa independente do resto do mundo" á Toxa
Por Redacción |
-
Iberoamérica reivindícase desde O Grove como socio "capital y natural" de Europa
Por Alejandro Espiño |
-
A Mesa poderá manifestarse ante o Foro La Toja: "Querían facer calar a quen defende o exercicio dos dereitos civís e lingüísticos"
Por Redacción |
-
O Goberno prohíbe a manifestación de A Mesa polo uso "ilegal" do topónimo La Toja
Por Redacción |
-
A Toxa, de novo escenario do 'cara a cara' entre González e Rajoy
Por Redacción |