Unha batalla de galos de freestyle na Alameda axitará o II Marín Gaming Fest
Por Redacción
A fin de semana do 15 e o 16 de outubro volven o freestyle e os videoxogos para ocupar a actividade entre a mocidade marinense coa segunda edición do Marín Gaming Fest. Este luns, os concelleiros Hugo González e Antonio Caíña presentaban cos organizadores de BhB Galicia a actividade prevista dentro da programación consistente nunha batalla de galos coa participación de 32 persoas.
A cita para ese enfrontamento tan característico da cultura urbana rapeira será na xornada do sábado 15 a partir das 19.00 horas na Alameda, cando finalicen os actos previstos no pavillón da Raña onde se celebrará o Marín Gaming Fest. O gañador recibirá un trofeo e un premio.
O Gaming Fest volverá ofrecer diferentes torneos con premios en metálico, nas categorías de Super Smash Bros; Ultimate e League of Legends. Está previsto que nesta segunda edición increméntense os videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como é o caso de Fornite; Mario Kart; Dragon Ball FB Z; Fifa22; Just Dance; Fall Guys; Rocket League ou Switch Sports.
Tamén se manterá un espazo de simracing con dous postos de voltante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2. Unha das principais novidades será a inclusión dunha zona VR para que o público asistente comprobe a realidade virtual a través das lentes e o xogo de ritmo Beat Saber.
Nesta cita tampouco faltará o concurso de cosplay onde se poderán comprobar traballos de costura, patronaje e interpretación das persoas participantes, que poderán chegar a un máximo de 50. Ademais desenvolveranse talleres, charlas de interese, un concerto de música de videoxogos e anime con Yell0 e un espazo destinado á práctica de "jugger". Segundo indican desde a organización, na contorna do pavillón instalaranse foodtrucks para que os participantes conten con alimentación durante as dúas xornadas.
Relacionadas:
-
O segundo Marín Gaming Fest, un éxito polo que pasaron 700 persoas
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos de rap, freestyle e batallas de galos con Bastián Hermo que "espreme estímulo" con PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |
-
Marín prepárase para a segunda edición do seu Gaming Fest
Por Redacción |
-
A final autonómica das Best Hit Battles será en Marín
Por Redacción |
-
A organización do Marín Gaming Fest xa pensa nunha segunda edición despois do éxito acadado na estrea
Por Redacción |