Ence comprométese co aforro de enerxía, a sustentabilidade e a bioeconomía
O 21 de outubro celébrase o Día Mundial do Aforro de Enerxía, co obxectivo de que se tome máis conciencia sobre as medidas de eficiencia enerxética e que se incentive un cambio de hábitos de consumo e produción de enerxía que permitan conservar os recursos naturais e promova o respecto ao medio ambiente.
A xeración de enerxía sostible e segura é clave para contribuír a unha redución da actual dependencia dos combustibles fósiles e a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro, principalmente as emisións de carbono, no que xa se coñece como proceso de descarbonización.
Ence – Energía y Celulosa contribúe á descarbonización do mix enerxético, xerando enerxía renovable nas súas biofábricas (así como nas plantas de enerxía do grupo). A xeración con biomasa supón un elemento fundamental na transición cara un modelo descarbonizado, xa que é unha tecnoloxía xestionable, ao contrario que outras renovables que dependen de factores meteorolóxicos. Adicionalmente, as masas forestais das que Encese abastece contribúen a absorber CO2 da atmosfera, mitigando os efectos do cambio climático.
Traballando nesta liña, Ence contribúe ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) establecidos polas Nacións Unidas. En concreto, esta liña de actuación responde o Obxectivo 7 (ODS 7: Garantir o acceso a unha enerxía asequible, segura, sostible e moderna), aumentando a proporción de enerxía renovable no mix eléctrico e reducindo as emisións derivadas da produción de enerxía.
BIOFÁBRICA DE PONTEVEDRA
Ence contribúe a descarbonizar o modelo enerxético mediante a xeración de enerxía renovable con biomasa
Ence contribúe á descarbonización do modelo enerxético mediante a xeración de enerxía renovable con biomasa, no marco do seu compromiso coa acción co clima. A compañía produce enerxía renovable nas súas biofábricas de Navia e Pontevedra, valorizando os compoñentes da madeira que non se poden utilizar para a produción de celulosa e circularizando así o proceso.
Ence pon ao dispor dos seus grupos de interese información relativa ao desempeño ambiental das súas biofábricas nas declaracións ambientais que publica anualmente e que están dispoñibles na páxina web da compañía. Ademais, no caso da biofábrica de Pontevedra, a información dos seus parámetros ambientais pode ser consultada en tempo real na páxina web que a compañía desenvolveu expresamente para iso: www.encepontevedra.com.
CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE
A biofábrica de Pontevedra obtivo a Certificación AENOR Residuo Cero, selo que recoñece ás instalacións máis eficientes na xestión e valorización de residuos. En concreto, este recoñecemento certifica que o 99% dos residuos que se xeraron no ano 2021 foron valorizados.
A biofábrica de Pontevedra conta coa Certificación AENOR Residuo Cero, a Distinción Ouro da Comisión Europea e a etiqueta Nordic Swan
Ademais, a planta conta co Certificado do Sistema de Xestión Enerxética ISO 50001, certificándoa como empresa que leva a cabo durante o seu proceso produtivo un enfoque sistemático con respecto ao rendemento, a adquisición e o consumo de enerxía.
A biofábrica de Pontevedra foi recoñecida polo seu desempeño ambiental coa Distinción Ouro da Comisión Europea, en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos.
Este excelente desempeño ambiental das biofábricas de Ence tamén permite que a celulosa producida en Pontevedra conte coa etiqueta Nordic Swan Ecolabel (ecoetiqueta oficial dos países nórdicos) por cumprir cos estándares máis esixentes de respecto ambiental. Tras un rigoroso proceso de avaliación do impacto no medio ambiente dos produtos ao longo de todo o seu ciclo de vida, esta ecoetiqueta garante o cumprimento dos seus esixentes requisitos en materia de mitigación do cambio climático, eficiencia enerxética e uso de recursos.
ECONOMÍA CIRCULAR E EFICIENCIA ENERXÉTICA
A compañía contribúe á transición dun modelo de consumo lineal á economía circular. Os seus procesos produtivos sostibles baséanse en materias primas renovables e reducen ao máximo a eliminación de residuos en vertedoiro.
A compañía contribúe á transición dun modelo de consumo lineal á economía circular
Ademais, Ence contribúe a circularizar outras cadeas de valor, aproveitando residuos agroforestais para xerar enerxía e reducindo os impactos ambientais derivados da súa eliminación incontrolada. Así mesmo, promove o consumo responsable, xa que a súa produción de celulosa especial ofrece alternativas a produtos de alto impacto no medio ambiente, como plásticos e outros materiais derivados do petróleo.
A aposta pola economía circular materialízase en proxectos plenamente aliñados coa transición xusta. Neste sentido, Ence estuda a posta en marcha nas Pontes dunha innovadora bioplanta para a produción de fibra reciclada e biomateriais. Non se trata por tanto dunha planta de celulosa, senón dunha instalación dedicada á produción de fibras naturais reciclables, cunha actividade autónoma e diferenciada.
Un novo paso adiante na decidida aposta de Ence pola bioeconomía circular, pola transición enerxética xusta e pola sustentabilidade, como sinónimo de competitividade nunha sociedade cada vez máis esixente no ambiental. Unha visión coa que Ence está totalmente comprometida.
Relacionadas:
-
A madeira galega contribúe estratexicamente á bioeconomía circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
O plantel de Ence volve aos seus postos de traballo para producir, en probas, con augas da depuradora
Por Redacción |
-
Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa de Ence contribúe a dar resposta a un consumidor cada vez máis concienciado co medioambiente
Por Noticia patrocinada |
-
Día Mundial do aforro de enerxía: a contribución á descarbonización da enerxía renovable xerada con biomasa
Por Noticia patrocinada |
-
Bioeconomía forestal, fronte á crise enerxética e climática
Por Noticia patrocinada |