Pontevedra está "sucia", segundo Domínguez, pola "insolvencia" dun goberno "agotado"
Por Alejandro Espiño
A situación actual de Pontevedra, unha cidade "objetivamente sucia" segundo o líder do PP, Rafa Domínguez, é unha mostra da "incapacidad" dun goberno municipal "agotado" para sacar o novo contrato do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
"Las parroquias están abandonadas, los barrios sucios y el centro de la ciudad, especialmente el casco histórico, no tiene las condiciones adecuadas de limpieza", sostivo Domínguez.
O portavoz popular subliñou que "es algo que todo el mundo puede ver" e achacou esta situación á "clara y absoluta insolvencia" do concelleiro responsable, do seu grupo municipal e do alcalde, "que es el máximo responsable de esta situación".
No centro das súas críticas está o atraso na tramitación do novo contrato, en prórroga desde hai oito anos e que estaba "adecuado" para a Pontevedra de 1999. "La ciudad crece y el contrato no, lo que hace que no esté todo lo limpia que debiera", apuntou.
"Hemos escuchado varias veces que la licitación sería inminente y hemos visto cómo se ha ido prorrogando una vez tras otra", denunciou Rafa Domínguez, unha situación que ao seu xuízo ten un efecto "muy perjudicial" para Pontevedra.
Ademais, Domínguez lamentou que os pontevedreses "vamos a tener que gastar muchísimo más dinero del que teníamos pensado", ao pasar de 6,2 millóns de euros a case 11,7 millóns anuais, o que supoñerá unhas arcas públicas "más precarias".
O custo do novo contrato, sentenciou o portavoz do PP, "es un atraco a mano armada".
Relacionadas:
-
Domínguez cre que é insuficiente a recollida de lixo e alerta da proliferación de roedores
Por Redacción |
-
O PP pedirá que o Concello financie viaxes e estancias de estudantes de 3º da ESO en Reino Unido para que aprendan inglés
Por Anxo Lourido |
-
O "desmesurado" IPC elevará o novo contrato do lixo a máis de 11 millóns anuais
Por Alejandro Espiño |