O Pleno de Barro dá luz verde ao convenio entre o Concello e a Xunta para a construción do novo centro de saúde
Por Redacción
O Concello de Barro celebrou na noite do mércores o Pleno ordinario da corporación no que destacou, entre outros asuntos, a aprobación do convenio entre o concello de Barro e a Xunta de Galicia para a construción dun novo centro de saúde no municipio.
Grazas á celeridade do concello de Barro nas xestións, como recoñeceu a propia Xunta de Galicia, o novo centro de saúde pasou da fase 2 á fase 1, o que implica que agora encóntrase entre as próximas actuacións programadas da Consellería de Sanidade para a construción destas infraestruturas.
O convenio de colaboración entre as dúas administracións foi aprobado por BNG, PP e PSOE, e cos votos en contra do grupo de concelleiros non adscritos.
A Corporación tamén deu luz verde a unha modificación de créditos que ascende a un total de 228.817 euros que o Goberno municipal vai dedicar a financiar obras de melloras nas vías municipais; a melloras na seguridade viaria; á xestión de residuos; á creación de instalacións de xogo para a xuventude no Santo Antoniño; á mellora da rede de auga municipal ou á implantación de tecnoloxía LED na rede de luminarias municipais, entre outros investimentos. Esta modificación de crédito para novos investimentos foi aprobada cos votos a favor de BNG e PSOE, coa abstención do PP e cos votos en contra dos concelleiros non adscritos.
No Pleno tamén se trataron outros temas como a aprobación dun Plan antifraude, a trámite obrigatorio para poder concurrir a subvencións europeas, ou os festivos locais para o vindeiro ano 2023, que ficarán como sempre no venres da Festa do Viño e no venres de San Breixo.
Relacionadas:
-
Último paso administrativo para a cesión á Consellería da parcela do novo centro de saúde de Barro
Por Redacción |
-
Asinan o convenio para a construción dun novo centro de saúde de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta traslada ao alcalde de Barro o convenio para as obras de construcción do novo centro de saúde
Por Oskar Viéitez |