O 10 de outubro abre o prazo para solicitar postos no mercado de flores de Todos os Santos
Por Redacción
A concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra abrirá entre os vindeiros días 10 e 11 de outubro, nas oficinas situadas en el segundo piso da Casa da Luz, en horario de 10 a 12 horas, o prazo para solicitar postos no tradicional mercado de flores da festividade de Todos os Santos.
En base á instrución pola que se determinan as condicións para a adxudicación de postos de venda na Praza da Ferrería para as xornadas do 30 e o 31 de outubro, os postos adxudicaranse por orde de solicitude, ata agotar o número de prazas dispoñibles. Ofértanse un total de 40 postos: oito de dous metros cadrados, catorce de catro metros cadrados, seis de seis metros cadrados, sete de oito metros cadrados e cinco de dez metros cadrados.
Tal e como explica a concelleira Yoya Blanco, "os solicitantes deberán aboar a correspondente taxa por ocupación de vía pública e presentar no Rexistro Electrónico do Concello de Pontevedra ou nas oficinas de asistencia ao Rexistro, situadas no número 30 da rúa Michelena, a solicitude debidamente cumprimentada e máis a liquidación da taxa polo número de metros a ocupar. O prazo de presentación de solicitudes no Rexistro finaliza o día 21 de outubro".