O xulgado deixa en liberdade o home detido tras intentar roubar no Supercor
Por Oskar Viéitez
O xulgado de garda deixou en liberdade, coa obriga de comparecer diariamente, o home detido este xoves pola Policía Local de Pontevedra cando intentaba roubar cun coitelo no supermercado Supercor situado na rúa Benito Corbal de Pontevedra e, posteriormente, no bar Los Amigos.
Segundo informan fontes xudiciais, impútanselle dous delitos de roubo con forza en grao de tentativa. Trátase de Santiago R.M., duns 35 anos, con antecedentes policiais.
O home non conseguiu levar a cabo o roubo e fuxiu correndo pero non logrou escapar dos axentes e foi detido no centro da cidade.
A Policía investiga a súa posible relación con outros atracos cometidos durante os últimos días.