Iberdrola instalará en Pontevedra un punto de recarga para coches eléctricos
Por Alejandro Espiño
Pontevedra verá aumentados moi pronto os seus puntos de recarga para coches eléctricos, unha demanda cada vez máis reclamada por parte dos consumidores.
A compañía enerxética Iberdrola, nun proxecto conxunto co grupo de concesionarios Pérez Rumbao, anunciou que instalará trece puntos de recarga en toda Galicia, dos cales dous deles estarán en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.
O primeiro destes centros, situado en Ourense, conta con dous cargadores rápidos de 50 quilowatts e outro de 22 quilowatts.
Isto, segundo a empresa, posibilitan unha carga simultánea de ata catro automóbiles durante as 24 horas do día.
O resto das instalacións que haberá en Galicia terán características similares.
A potencia total instalada, segundo Iberdrola, é de 2.250 quilowatts e os vehículos eléctricos poderán recargar neles a súa batería con "enerxía 100% verde" procedente de fontes de xeración renovable.
Relacionadas:
-
Coches, bicicletas e patinetes eléctricos repostarán gratis en Portas
Por Redacción |
-
Emilio Froján, o caldense que compite coas startup máis prometedoras: "Pretendo visibilizar o talento galego"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Iberdrola proxecta unha planta de metanol renovable en Caldas que crearía 55 empregos
Por Redacción |
-
Piden que Pontevedra cree puntos de recarga públicos para coches eléctricos
Por Redacción |
-
Os coches eléctricos xa se poden cargar no campus universitario
Por Redacción |
-
Por Pontevedra só circulan 52 coches eléctricos
Por Manu Otero |