"A casiña violeta", un proxecto do CIM de Sanxenxo para formar en igualdade a menores deste 5 e 8 anos
Por Redacción
O Centro de Información á Muller (CIM) de Sanxenxo poñerá en marcha un proxecto de igualdade e contra a violencia machista pensado para nenos e nenas de entre 5 e 8 anos co proxecto "A casiña violeta".
A actividade desenvolverase, de 17 a 19:15 horas, en catro venres no edificio multiusos de Portonovo. As prazas son gratuítas e limitadas e a inscrición farase por orde de chegada ao correo cim@sanxenxo.org, sempre con preferencia para fillos e fillas de mulleres que sufran violencia de xénero.
O primeiro día será o 4 de novembro con "Teatro pola Igualdade"; o segundo, o día 11, "Serigrafía Téxtil Artesanal"; o terceiro, o 18, "Emocionarte", expresión e educación emocional a través de música, pintura e expresión corporal e o 2 de decembro, contacontos pola igualdade, "Mariño e Violeta". Para inscribirse hai que contactar co CIM, que facilitará a ficha de inscrición e a ficha de protección de datos. Os nenos inscríbense a todo o proxecto, é dicir, aos 4 días, polo que é preciso ter garantía de poder ir a todos eles para non deixar sen praza a outros nenos que puidesen acudir ao programa completo.
O obxectivo final é deseñar un proxecto de promoción da igualdade, do traballo en valores de cooperación, de tolerancia e de respecto mutuo, con accións individuais que traballan a autoestima, a expresión e xestión emocional e os límites persoais. É impartido por unha psicóloga con formación en xénero e todas as actividades son supervisadas polo CIM. Ademais, os participantes poderán levar todos os días, un agasallo do traballado en cada sesión, de recordo desta bonita experiencia. No caso de que a demanda, excedese a oferta podería establecerse un novo ciclo.
A actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado e Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
Relacionadas:
-
O conto infantil "Violeta e Mariño" explicará os nenos de Sanxenxo como actuar ante a violencia machista
Por Redacción |
-
'Violeta e Mariño', o conto co que o CIM de Sanxenxo conmemora o 25-N
Por Redacción |
-
'Namórate de ti' chega a Cambados para impulsar a autoestima das mulleres a través da fotografía
Por Redacción |
-
Pontevedra será sede do cume sobre políticas de igualdade das deputacións
Por Redacción |