Periga a campaña do Nadal do mexillón pola persistencia da toxina
Por Oskar Viéitez
Segundo datos do Intecmar, a día de hoxe dos 53 polígonos de mexillón existentes só está permitida a extracción de produto en 27. Esta situación, con picos de maior intensidade, prolóngase dende hai dous meses.
Mentres que a ría de Vigo xa se librou deste fenómeno natural, na de Pontevedra todos os polígonos de bateas seguen afectados pola toxina lipofílica seguen pechados.
Respecto á ría de Arousa, a de maior produción, manten pechados case a metade dos polígonos.
Esta parón na produción está facendo perigar a campaña do Nadal.
O episodio tóxico declarouse o 9 de outubro, manifestando dende un principio unha virulencia inusitada.