Pontevedra achaca a suba do recibo de Sogama á baixada de impostos ás grandes fortunas
Por Alejandro Espiño
A Xunta de Galicia pon fin á bonificación do 10% que outorgaba desde hai anos a aqueles municipios que cumprían cos requisitos marcados en materia de redución do lixo enviado á planta de Sogama e de incremento na reciclaxe dos refugallos.
Esa bonificación, que o goberno galego obrigaba a aplicar nos recibos que pagan os cidadáns, supoñía no caso de Pontevedra a devolución duns 230.000 euros.
Pero as contas autonómicas de 2023 non recollen esa bonificación o que, na práctica, suporá un aumento na factura polo tratamento de residuos que paga o Concello a Sogama.
Esta decisión, segundo asegura o edil responsable de residuos, Raimundo González, "só se entende pola baixada de impostos programada para as grandes fortunas", xa que considera que o goberno galego compensará esa perda de ingresos coa suba da taxa de Sogama.
O concelleiro pontevedrés censura que a Xunta "retire os incentivos á compostaxe e á reciclaxe", máxime cando é o "cerne" da nova lei de residuos "que a propia administración autonómica e Sogama tiñan que fomentar".
Relacionadas:
-
Dous recursos, un presentado polo 'cártel do lixo', paraliza o contrato de xestión de residuos de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Reclaman que SOGAMA bonifique tamén a compostaxe doméstica e comunitaria
Por Redacción |
-
O PP proporá ao pleno unha baixada dos impostos municipais para facer fronte á inflación
Por Anxo Lourido |
-
Caldas de Reis denuncia a subida do 10% do canon de Sogama
Por Redacción |