O Forno do Cal de Vilaboa recupera o seu esplendor tras concluír as obras de rehabilitación
Por Redacción
O Forno do Cal está xa rehabilitado e listo para converterse nun novo activo de interese turístico, cultural e patrimonial de Vilaboa. Nas últimas semanas recibiu xa varias visitas escolares do alumnado local para coñecer o funcionamento desta estrutura agora totalmente recuperada.
Trátase dun elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres que antes da actuación estaba oculto pola maleza e que grazas a unha actuación xestionada a través do GALP foi recuperado. “A idea é que os centros escolares de Vilaboa utilicen este recurso tamén de xeito didáctico para que o noso alumnado valore e recoñeza esta parte da nosa historia recente”, apunta César Poza, alcalde de Vilaboa.
O proxecto incluiu a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento inferior aos 100.000 euros e que precisou os permisos sectoriais de Costas, Medio Ambiente e Patrimonio.
O Forno do Cal está situado nunha parcela propiedade da empresa Pescapuerta, que cedeu o uso e os terreos para proceder á rehabilitación. O Concello asinou tamén un acordo coa Comunidade de Montes de San Adrián para a cesión dos terreos colindantes para o acondicionamento da zona que vai desde a Ponte de Rande ata a Punta de Atravesada.
Ademáis da recuperación do forno, o proxecto do Concello inclúe a instalación duns paneis informativos que divulguen a actividade industrial dun forno con certas particularidades como o feito de que a mercancía para facer a cal chegáballe por mar para lograr unha produción intensa destinada sobre todo á construción, xa que o encalado das vivendas era o xeito máis común de sanealas e protexelas da entrada de insectos ata mediados do século XX.
Relacionadas:
-
Vilaboa recuperará o petróglifo de Areeiros e o interior do Forno da Cal
Por Redacción |
-
Unha senda peonil e ciclista unirá o Forno do Cal e as Salinas de Ulló
Por Redacción |
-
O Forno do Cal recobra a vida perdida da man das familias dos antiguos traballadores
Por Redacción |
-
Tres proxectos do GALP Ría de Pontevedra optan polos Premios Economía Azul
Por Redacción |
-
A rehabilitación do Forno do Cal converte este patrimonio industrial nun novo atractivo turístico para Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Noventa mil euros para converter o Forno da Cal nun novo activo turístico para Vilaboa
Por Redacción |
-
O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico
Por Redacción |