Os traballadores de ambulancias Transa prevén unha folga longa
Por Oskar Viéitez
O equipo de Transportes Sanitarios Pontevedra Norte (Transa), empresa adxudicataria do servizo do 061 en Pontevedra, Marín e Bueu, acudiu este martes á Audiencia Provincial coincidindo co xuízo dun dos traballadores veteranos da firma "despedido unicamente por motivos económicos".
Os traballadores de ambulancias prevén que a folga será "longa".
Transa iniciou este luns unha folga indefinida para reclamar á dirección o cumprimento do laudo arbitral no que figuraba a retirada dos 17 expedientes sancionadores e os incumprimentos en materia salarial.
O presidente do comité de empresa, Alfonso Boullosa, explicou que o equipo leva moitos anos "sufriendo con este empresario", entre outras exemplos citaron a política de presión constante aos traballadores e ameazas co fin de reducir dereitos laborais. Segundo este voceiro o persoal de Transa ten alzanzado acordos co empresario que logo este incumpriu e "nosotros hemos desconvocado huelgas e incluso concentraciones para que hubiera una paz social".
Neste caso as circunstancias son aínda máis singulares porque existía un acordo asinado, un laudo arbitral, que agora a patronal se nega a cumprir "que nosotros no tenemos otro camino que iniciar otra vez el conflicto de huega, pero ahora ya de forma indefinida" .
Os servizos mínimos aprobados pola Consellería de Sanidade obrigan a unha cobertura do 100% das unidades.
No primeiro día de paro os traballadores mantiveron operativas a ambulancia medicalizada da capital e a asistencial con base en Bueu. Mentres que na sede da firma, situada na rúa Pintor Laxeiro, están parados os outros tres vehículos.
Relacionadas:
-
Fracasa a mediación no conflito de ambulancias
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos reclaman á Xunta o rescate da concesión das ambulancias de Transa
Por Anxo Lourido |
-
O laudo pecha o conflito laboral en dos traballadores de ambulancias de Transa
Por Redacción |
-
Inspección de Traballo cita á empresa e comité de ambulancias Transa
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Ambulancias Transa desconvocan a folga prevista para este venres 1 de novembro
Por Redacción |