Pontevedra compartirá experiencias sobre renaturalización e loita contra o cambio climático en Vitoria
Por Redacción
Unha delegación pontevedresa encabezada polo concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, viaxará a vindeira semana a Vitoria para compartir coñecementos, experiencias e estratexias sobre renaturalización e loita contra o cambio climático.
Iván Puentes estará acompañado pola edil de Turismo, Yoya Blanco; o xefe do Servizo Municipal de Parques e Xardíns e responsable do proxecto Rede Verde, Manuel Fontán, e o director do departamento de Enxeñería Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña (UDC), Alberto Varela.
Vitoria, unha 'green capital' como Pontevedra e con varios proxectos subvencionados pola Fundación Biodiversidade, convertiuse nun referente nacional de modelo de cidade que aposta polas infraestructuras verdes e azuis, polo que Concello e UDC queren, a través de reunións e visitas a infraestructuras de interese, establecer liñas de colaboración e de intercambio de ideas.
A axenda está diseñada para o 10 e 11 de novembro, días nos que a delegación se reunirá coa Alcaldía, visitarán a cidade, o Centro de Interpretación dos Humedais de Salburua (Ataria) e a Praza do Memorial.
Iván Puentes recordou a visita da pasada semana de técnicos da Fundación Biodiversidade, cos que desglosaron e axustaron o cronograma da Rede Verde, e explicou que, "esta viaxe a Vitoria servirá para coñecer de primeira man as propostas e experiencias dunha urbe que, ao igual que nós, decidiu apostar por un modelo de cidade verde e sostible".
Ademais, servirá "para amosarlles algunhas das ambiciosas e pioneiras actuacións que imos executar nos eidos da renaturalización e a resiliencia", como o destape do teito urbano do río dos Gafos ao seu paso por Campolongo, segundo o edil socialista.
Os proxectos da Rede Verde Pontevedra contan co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea - Next GenerationEU.
Relacionadas:
-
Gastroturismo, natureza e modelo de cidade, referentes turísticos de Pontevedra en Intur
Por Redacción |
-
Funcionaría en Pontevedra o modelo de ecobarrios de 'emisión cero' de Vitoria-Gasteiz?
Por Redacción |
-
Lores anuncia que o Concello demandará medidas para reducir o ruído no municipio
Por Redacción |
-
A ministra de Cohesión Territorial de Portugal prepara en Pontevedra o vindeiro cumio ibérico
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra mostra o seu plan de acción para renaturalizar a contorna dos ríos e loitar contra a emerxencia climática
Por Manu Otero |
-
Queren converter a Praza da Liberdade nunha zona verde axardinada
Por Alejandro Espiño |
-
O 'destape' do Gafos eleva a 7,27 millóns os fondos europeos Next Generation concedidos a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Europa pagará o 'destape' do Gafos, que terá xullo de 2025 como data límite
Por Manu Otero |
-
Solicitan unha subvención de 2 millóns de euros para a apertura do treito urbano do Gafos
Por Redacción |