Recoñece que violou unha muller de 72 anos na súa casa de Lourizán
Por Natalia Puga
O pontevedrés Francisco Javier Vilas recoñeceu que no ano 2006 roubou, agrediu e violou unha muller de 72 anos na súa casa de Lourizan.
O home sentouse no banquiño dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra enfrontándose a 21 anos de prisión e finalmente asumiu 14 anos e seis meses, ademais dunha orde de alonxamento de 35 anos, durante os que non poderá achegarse a máis de 200 metros da súa vítima.
O fiscal tivo en conta a circunstancia atenuante de drogadicción. Segundo recoñeceu o propio procesado, no momento dos feitos era consumidor habitual de cocaína. As penas coas que se coformou son 12 anos por violación, dous anos por roubo con violencia e seis meses por lesións.
Os feitos remóntanse ao 20 de maio de 2006, cando a presunta vítima procedía a abrir a parte superior da porta do seu domicilio en Lourizán. O fiscal sostiña no seu escrito de acusación inicial que o procesdo suxeitou a súa vítima e lle puxo unha navalla no colo para que se calase e obedecese as súas ordes.
Este foi o único extremo do relato dos feitos nos que non estivo de acordo do procesado, xa que declarou que non levaba ningunha arma. O fiscal deu por boa a súa versión, pero mantivo o resto da acusación. Considérase probado que a empurrou ao interior da vivenda e lle pediu diñeiro e xoias ao tempo que a golpeaba.
A suposta vítima entregoulle 400 euros e varias gargantillas, broches, pendentes e sortellas valorados en 659,91 euros. Mentres llas estaba a dar, o acusado supostamente se masturbaba e, ao finalizar, a espiu, levouna ao dormitorio e violouna.