Lores, sobre o incendio en Pontesa: "Pensei que o Grupo Nogar era unha empresa seria e rigorosa pero non o é"
Por Alejandro Espiño
Moi duro mostrouse este mércores o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co Grupo Nogar, responsable da nave de Pontesa que ardeu o pasado domingo.
"Deberán responder ante a súa manifesta ilegalidade", sinalou Fernández Lores a preguntas dos xornalistas, ao lembrar que a empresa non tiña licenza de actividade nin autorización municipal "de ningún tipo" para almacenar cereal na antiga fábrica de cerámica.
O rexedor asegurou estar "altamente sorprendido" de que unha empresa "que aparentemente era seria e rigorosa" demostrase "que non o é", ao dispoñer dunhas instalacións "sen ningún tipo de garantías nin licenzas".
Esta situación provocou, segundo o alcalde pontevedrés, un "gran risco" para os traballadores da compañía e para a poboación de Ponte Sampaio e localidades contiguas, ao ter no interior de Pontesa un "polvorín" que podería desencadear unha catástrofe maior.
Os servizos de emerxencia "tiveron que controlar algo que descoñecíamos que existía", subliñou Lores, que insistiu en que "non é serio que unha empresa teña unha instalación nestas condicións", ao non contar nin con hidrantes nin con métodos de extinción.
Ademais, lembrou que o material que o Grupo Nogar almacenaba alí "era perigoso" e denunciou que a afectación "puido ser peor" se se chega a estender a nube tóxica que xerou o incendio, que contiña amianto, segundo as primeiras análises.
"Non pensei que unha empresa que tiña prestixio actuara así. Estamos realmente preocupados", subliñou o alcalde, que sostén que esperaba desta compañía "un mínimo de garantías" sobre a súa actividade. En Ponte Sampaio, sentenciou, "non había absolutamente nada".
Relacionadas:
-
O incendio en Pontesa chega ao Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
Inspección da nave de La Cross onde opera o Grupo Nogar para comprobar as medidas de seguridade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez, sobre o incendio en Pontesa: "Parece pouco crible que o alcalde non soubese nada do que estaba alí sucedendo"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
A nave de Pontesa, tres días despois: con fume, conatos continuos e riscos por amianto
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous días de loito en Marín pola morte de Benito González: "A vida é tan dura ás veces que custa crer que sexa real"
Por Alejandro Espiño |
-
O Grupo Nogar despide ao que "para nós será sempre o primeiro capitán do Xiada"
Por Alejandro Espiño |
-
"Pena infinita" en Marín pola morte de Benito González, unha persoa "excepcional"
Por Alejandro Espiño |
-
Falece Benito González, o traballador ferido grave no incendio de Pontesa
Por Alejandro Espiño |