O PP proporá ao pleno unha baixada dos impostos municipais para facer fronte á inflación
Por Anxo Lourido
Rafa Domínguez, presidente do Partido Popular de Pontevedra, acompañado polo concelleiro Gerardo Pérez Puga, presentaban unha moción que se vai tratar no vindeiro pleno na que propoñen unha baixada na carga impositiva municipal.
Segundo trasladaron aos medios de comunicación, a medida aplicaríase ao Imposto sobre Bens Inmobles (IBI); ao Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e á taxa de recollida de lixos. Tamén, explicou Domínguez, proponse unha redución na taxa de veladores que se aplica ao sector de hostalería.
O representante do PP manifestou que estas propostas son un avance das medidas económicas que presentarán no primeiro mes do 2023 dentro do seu programa electoral para as próximas eleccións municipais.
A moción preséntase para facer fronte á inflación coa intención de mellorar a capacidade económica dos pontevedreses con especial atención para aquelas persoas que presentan unha maior "debilidade económica". Neste sentido, a súa intención é que se reduzan estes impostos e taxas municipais nunha porcentaxe similar ao da inflación, un 7,5%.
Domínguez manifestou que cre que "o Concello ten suficiente marxe de manobra para aceptar a nosa proposta" sinalando que o capítulo seis do orzamento, destinado a investimentos, sóbranlle uns sete millóns todos os anos.
Explicou que "non podemos ter a segunda taxa do lixo máis alto de España e ter unha cidade sucia; non podemos ter un IBI tal elevado con casas sen saneamento; non podes ter un imposto de vehículos sen ter nin puntos de recarga para coches eléctricos" e destacou a preocupación que a súa formación política ten pola economía.
Relacionadas:
-
O pleno do "non é non, porque vén do PP"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP reclama ao Concello de Pontevedra medidas para favorecer o emprendemento
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra conxelará por noveno ano consecutivo todos os seus impostos e taxas municipais
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez cre que é insuficiente a recollida de lixo e alerta da proliferación de roedores
Por Redacción |
-
Pontevedra achaca a suba do recibo de Sogama á baixada de impostos ás grandes fortunas
Por Alejandro Espiño |
-
Que Núñez Feijóo goberne "canto antes" en España, o 'conxuro' do PP na carballeira de San Xusto
Por Alejandro Espiño |