Petición do BNG no Parlamento Galego para protexer as burgas da Rúa Real e Lume de Deus en Cuntis
Por Redacción
O BNG presentará no Parlamento de Galicia unha colección de iniciativas demandando a protección das burgas situadas na Rúa Real e en Lume de Deus, ademais de que se declare como Ben de Interese Cultural o patrimonio termal do municipio de Cuntis.
Esta proposta acométese despois de realizar un traballo conxunto entre representantes da agrupación política e integrantes da Plataforma Veciñal para a Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis.
A burga da Rúa Real ofrece uso público desde hai 190 anos, mentres que a de Lume de Deus rse remonta a cinco séculos xa de actividade pública. As dúas presentan na súa contorna restos romanos e, segundo os nacionalistas, precísase un especial coidado nas actuacións que se realicen nestes espazos.
Nos últimos anos rexístranse fluctuacións no caudal de ambas e actuacións materiais que provocaron a deterioración da súa imaxe, como denunciou a Plataforma Veciñal. Por este motivo, a proposición non de lei que se presentará no Parlamento de Galicia instará á Xunta a que defenda a propiedade e uso público das fontes termais de Cuntis.
Pedirán tamnbién un informe histórico e arqueolóxico sobre as fontes e outros bens de patrimonio termal coa garantía da súa protección e conservación; e esixirán un respecto aos valores históricos e patrimoniais en todas as intervencións que se realicen nestas fontes termais.
As preguntas que se exporán en sede parlamentaria centraranse na defensa da propiedade e uso público destas burgas situadas en dominio público e rexistradas como propiedade privada, ademais pretenden esclarecer que entidade contratou e realizou os labores de limpeza e colocación de lousas de granito na burga da Rúa Real entre maio e xullo de 2022. Neste sentido, preguntarase se esta intervención contaba con autorización e supervisión do departamento de patrimonio cultural autonómico.
A proposición non de lei tamén demandará á Xunta que inicie o proceso de declaración de patrimonio termal como Ben de Interese Cultural. En abril de 2014, o pleno da corporación municipal de Cuntis aprobou por unanimidade unha moción para incoar esta solicitude. Un ano máis tarde, o Concello enviou á Consellería de Cultura o documento base para comezar o procedemento. Sete anos máis tarde daquela solicitude, o BNG sinala que non hai información sobre aquel proceso.
Relacionadas:
-
Acordo unánime no Parlamento para que as fontes termais de Cuntis sexan declaradas BIC
Por Redacción |
-
Cuntis cobra protagonismo na feira internacional Termatalia
Por Redacción |
-
Manuel Campos pretende establecer alianzas para impulsar o sector do termalismo
Por Redacción |
-
Un lugar en Galicia chamado Cuntis: un vídeo para promocionar a vila termal
Por Redacción |