Policía Local e Protección Civil de Poio fórmanse no uso de desfibriladores
Por Anxo Lourido
A totalidade de axentes da Policía Local de Poio e tamén membros de Protección Civil do municipio asistían este sábado ao curso de formación específica sobre o manexo dos desfibriladores.
Estes aparellos electrónicos que permiten diagnosticar e tratar arritmias e paradas cardíacas foron adquiridos recentemente polo Concello de Poio e xa se dotou aos vehículos patrulla destes desfibriladores externos semiautomáticos, de maneira que os automóbiles atópanse cardioprotexidos para enfrontarse ás situacións de emerxencia cardiorespiratoria que poidan rexistrarse no municipio.
Segundo o exposto no curso, o tempo de reacción ante unha parada cardiorespiratoria é moi importante intervir durante os primeiros cinco mintuos sobre a vítima.
Con esta incorporación e a aprendizaxe, estes servizos públicos de Poio poden intervir nestes casos. A Policía Local de Poio lembra que, para calquera urxencia, o teléfono de contacto é o 689.575.495.
Relacionadas:
-
Atropelo dunha muller de 61 anos na rotonda da Barca
Por Redacción |
-
Alertan da ausencia de desfibriladores en comisarías e coches patrulla da Policía Nacional en Pontevedra
Por Redacción |
-
Poio adquire cinco desfibriladores para os vehículos da Policía Local e Protección Civil
Por Redacción |
-
A Deputación dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a 20 municipios da provincia
Por Redacción |