Semana de ceos moi nubrados e borrascas nas Rías Baixas ata o sábado
Por Redacción
Durante as primeiras horas deste luns 21 de novembro, unha fronte fría pasaba por Galicia para deixar os ceos cubertos e choivas intensas. A partir do mediodía, a comunidade quedará na zona de chuvascos con progresiva entrada de aire frío. A cota de neve sitúase pola tarde nos 1000 - 1.100 metros descendendo progresivamente aos 900 metros pola noite.
A Xunta de Galicia declarou esta alerta laranxa no litoral debido á presenza dun fenómeno adverso a partir das 13.00 horas que deixará ondas de ata seis metros de alto nas Rías Baixas. As temperaturas descenderán co o avance do día, situándose entre os 10 e os 17 graos. O vento soprará forte, de oeste pola mañá, cambiando a noroeste a partir do mediodía, segundo o servizo de Meteogalicia.
Ao longo do martes, as borrascas que circulan polo Atlántico norte seguirán afectando deixando un sistema frontal ao longo da tarde. As precipitacións serán illadas inicialmente, pero tenderán a xeneralizarse co avance da xornada. As temperaturas continuarán entre os 11 e os 16 graos. Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste a partir do mediodía.
O mércores establécese como unha xornada de transición á espera dun novo empeoramento a partir do xoves 24. Os ceos permanecerán moi nubrados con choivas que se rexistrarán de forma illada e ocasional. As temperaturas manteranse entre os 12 e os 16 graos. Os ventos tamén continuarán soprando en dirección oeste, cambiando a sur durante as últimas horas do día, soprando en xeral con escasa intensidade.
Os efectos das borrascas atlánticas manteranse tamén durante o xoves e venres. Meteogalicia sinala que o sábado 26 presentarase máis tranquilo, con predominio de tempo seco e temperaturas suaves. Con todo, as choivas volverán partir do domingo se se cumpren as predicións. As temperaturas seguirán entre os 9 e os 14 graos, sendo suaves e mesmo altas para esta época do ano.
Relacionadas:
-
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Por Redacción |
-
A Xunta activa o protocolo por risco de inundacións ante o aumento de caudal do Lérez
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Alerta laranxa por temporal no litoral galego este luns coa previsión de ondas de 6 metros de altura
Por Redacción |