A Xunta activa o protocolo por risco de inundacións ante o aumento de caudal do Lérez
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Xunta decretou este luns a activación do protocolo especial por perigo de que se poidan rexistrar inundacións debido ao aumento do caudal do río Lérez ao seu paso por Pontevedra.
Desde as 08.30 horas desta xornada permanece activo o Plan Especial ante o risco de Inundacións en Galicia (INUNGAL) pola previsión de posibles desbordamentos eventuais na conca ante as continuas precipitacións destes días.
Desde a Xunta informan que para reducir riscos é aconsellable abandonar as actividades que se realicen nas contornas dos espazos fluviais. Tamén piden a retirada de vehículos da marxe dos ríos e evitar atravesar pontes e torrentes.
No caso de que nunha situación de desbordamento, o auga alcance un vehículo ocupado aconséllase saír do interior e situarse nunha parte alta.
ÁRBORES DERRUBADAS
O Concello de Pontevedra informou que os bombeiros tiveron que realizar varias intervencións relacionadas co vento e a choiva como a retirada de dúas acacias derrubadas polo temporal na avenida de Bos Aires e que obrigaron a cortar a estrada durante algún tempo.