Un touro escápase do matadoiro e paraliza o tráfico na estrada de Vilagarcía
Por Natalia Puga
Un touro quixo salvarse este xoves do matadoiro. Aconteceu sobre as 11.00 horas da mañá, cando o animal, que fora trasladado ás instalacións da parroquia de Alba, escapouse e fuxiu en dirección á estrada de Vilagarcía.
Fuentes da Garda Civil confirmou que o touro escapou e percorreu varios metros da estrada secundaria de acceso ao matadoiro, para saír á estrada principal PO-531 Pontevedra-Vilagarcía.
Os responsables do matadoiro pontevedrés deron a alerta ás Forzas de Seguridade e o propio persoal do centro tamén se uniu á busca. Finalmente, a Garda Civil de Tráfico localizouno á altura de San Caetano de Alba, no medio da estrada, e tras ter interrupido o tráfico normal de vehículos pola vía. Estaba a máis dun quilómetro.
Ao lugar chegaran xa os traballadores do matadoiro co seu camión e remataron atrapándoo e levándoo de regreso ás instalacións das que se escapara. Segundo confirmou a Garda Civil, o touro correu pola estrada e púxose diante dalgúns coches, pero todos conseguiron esquivalo sen que se producise ningunha situación de grave perigo. Non chegou a rexistrarse ningún accidente.