A Lama gardará un minuto de silencio o 25N polas vítimas da violencia machista
Por Redacción
Cun acto aberto ao público no salón de plenos, no que se gardará un minuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas no transcurso do ano 2022. Así prevé conmemorar o Concello da Lama o 25N, o día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
A maiores, a través do Centro de Información á Muller (CIM), impulsarase un programa de actividades para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, que conta cunha axuda económica da Deputación.
O programa ten un orzamento global de case 11.000 euros, que permitirán celebrar catro obradoiros centrados na prevención da violencia de xénero e no fomento da igualdade de oportunidades.
Os obradoiros que conforman este programa, impartidos por persoal especializado en materia de igualdade, están dirixidos exclusivamente ao alumnado de primaria do CEIP A Lama.
Ao abeiro deste programa tamén se desenvolverá durante o período das vacacións de Nadal o ‘Programa Concilia’, un servizo que dá apoio ás familias da Lama para facilitar a conciliación persoal, familiar e profesional, favorecendo así a corresponsabilidade.
Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos residentes no concello da Lama.
Relacionadas:
-
O 25N conmemórase na Lama traballando cos escolares sobre violencia machista e igualdade
Por Redacción |
-
Exposición en Campo Lameiro para identificar situacións de sextorsión, chantaxe emocional ou abuso
Por Redacción |
-
A xestión das emocións centra o programa "O Círculo dos afectos" que impulsa o Concello de Cuntis polo 25N
Por Redacción |
-
Extensa programación polo 25-N co lema 'Fronte ao negacionismo. Alianzas desde o feminismo'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |