O Concello promove a constitución dunha Mesa para a Defensa da Sanidade Pública en Caldas
Por Redacción
O Concello impulsou a constitución da Mesa para a Defensa da Sanidade Pública de Caldas nunha reunión mantida este martes o Salón de Plenos do Concello, con representantes de todo o tecido asociativo do municipio, así como partidos políticos e organizacións sindicais.
Para o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, "esta iniciativa recolle unha demanda social da cidadanía de Caldas que quere dispoñer dunha plataforma cívica para canalizar as reclamacións en defensa dunha sanidade pública co financiamento adecuado para a atención primaria e coa dotación suficiente do persoal sanitario".
Esta nova Mesa formará parte da plataforma SOS Sanidade Pública, e colaborará na recollida de firmas para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular que pide "Salvar e fortalecer a Atención Primaria" en toda Galicia.
A nova Mesa valora outras accións como a colocación dunha carpa en lugares públicos para a recollida de firmas e a convocatoria de concentracións diante do centro de saúde esixindo persoal médico, consultas presenciais, medidas urxentes para reducir as listas de espera, PAC aberto e dotado de persoal médico.
Para Juan Manuel Rey, destacou que esta é "unha reivindicación xusta e innegociable".
Relacionadas:
-
O Concello de Caldas de Reis colaborará coa recentemente constituída plataforma "SOS Sanidade Pública de Caldas"
Por Redacción |
-
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rompe relacións coa Consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
Participación masiva na manifestación en defensa da sanidade pública en Caldas
Por Redacción |
-
Poio sairá á rúa o 4 de decembro para "loitar contra a precariedade alarmante" do servizo sanitario no municipio
Por Redacción |
-
Montse Prado, do BNG, afirma que a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é o "banco de probas" do PP para desmantelar a sanidade
Por Anxo Lourido |
-
Caldas inicia a tramitación das solicitudes de axuda para os desprazamentos e a atención sanitaria
Por Redacción |