Pepe Vieira logra a súa segunda Estrella Michelin: "Esto es gracias a todos los que están conmigo cada día"
Por Alejandro Espiño
Un ano máis a gastronomía pontevedresa brillou con luz propia na gala de entrega das Estrelas Michelin que lucirán os restaurantes españois e portugueses ao longo de 2023. Pero, nesta ocasión, con nome e apelido: o de Pepe Vieira.
Pepe Vieira logrou a súa segunda Estrela Michelin para o seu restaurante de Raxó. Fíxoo trece anos despois de estrearse nesta prestixiosa lista. Así se confirmou no transcurso dun evento que se celebrou no Palacio de Congresos O Greco de Toledo.
"Esto es gracias a todos los que están conmigo cada día", asegurou o cociñeiro pontevedrés tras recoller este novo recoñecemento. Felicitou a todo o seu equipo "por el trabajo que hacen" e, especialmente, ao seu xefe de cociña, Óscar Abal, co que leva quince anos entre fogóns.
Ademais, quixo dedicar o premio "a todas las personas que comparten su vida con la gente que nos dedicamos a esto porque muchas veces es muy complicado", engadindo que, no seu caso particular, isto ía pola súa muller, que se atopaba entre o público.
O Culler de Pau, que rexenta Javier Olleros no Grove, logrou manterse un ano máis no segundo escalafón da constelación gastronómica nacional, que compartirá agora con Pepe Vieira. Por terceiro ano consecutivo foi recoñecido con dúas Estrelas Michelin.
Pepe Solla, responsable de Casa Solla, segue sendo outro dos cociñeiros fixos nesta lista e manterá o seu estrelado recoñecemento, que o seu pai logrou por vez primeira no ano 1980.
A eles súmanse de novo Yayo Daporta, que logra unha Estrela Michelin para o restaurante de Cambados que leva o seu nome, que logrou por primeira vez alá por 2008; e o máis 'novo' nestas lides, O Eirado de Iñaki Bretal (Pontevedra), que se estreou en 2020.
O resto dos galardóns obtidos por restaurantes de Pontevedra foron para Rafael Centeno e Inés Abril (Maruja Limón, Vigo) e Alberto González (Silabario, Vigo), que tamén puideron reter a Estrela Michelín da que presumen desde hai anos.
Os nove galardóns que conseguiron os cociñeiros pontevedreses permiten que Galicia conte, de cara ao próximo ano, con dezaoito estrelas gastronómicas -para dezaseis restaurantes-.
Son tres máis que este ano ao incorporarse a este olimpo gastronómico o restaurante Ceibe (Ourense), dirixido por Xosé Magalhaes e Lidia del Olmo; e O Pazo (Padrón), con Óscar Vidal á fronte.
Xunto a eles revalidaron o seu distintivo Casa Marcelo e A Tafona (Santiago), Árbore da Veira (A Coruña), Retiro da Costiña (Santa Comba), As Garzas (Malpica), Nova (Ourense) e Miguel González (Pereiro de Aguiar).
O peche de Auga e Sal, situado en Santiago, fixo perder a Galicia unha das Estrelas Michelin conseguidas o pasado ano.
Relacionadas:
-
Casa Solla certifica a súa aposta por unha cociña de proximidade co selo Galicia Calidade
Por Redacción |
-
Trucos de cociña a través da ciencia da man de Pepe Solla no IES Valle Inclán
Por Manu Otero |
-
Un menú 'dúas estrelas' para a Noiteboa do comedor social de San Francisco
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda enxalza a Pepe Vieira e os vínculos entre o Camiño de Santiago e a alta cociña
Por Redacción |
-
O hotel de natureza co que Pepe Vieira quere redondear a súa experiencia gastronómica
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Vieira, o triunfo á constancia da "última cociña do mundo"
Por Alejandro Espiño |
-
Culler de Pau, o restaurante que confía "no verde" para non perder as súas raíces
Por Alejandro Espiño |
-
As "receitas de avoas" que os fogóns do Carlos Oroza converten en alta cociña
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Menú ‘delivery’ con firma de Pepe Vieira para unha "Noiteboa especial" no comedor de San Francisco
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra renova as súas 'estrelas' e Galicia aumenta á súa constelación gastronómica
Por Alejandro Espiño |