O Concello de Marín cambia a súa páxina web por unha nova "máis moderna, actualizada e intuitiva"
Por Redacción
Marín está de estrea este mércores, data na púxose ao dispor da cidadanía a páxina web do Concello (www.concellodemarin.es) tras sufrir unha profunda renovación.
O portal segue a liña estética da identidade corporativa municipal pretende ser "un espazo no que a veciñanza atope todo o que precisa dunha maneira sinxela, accesible para todos e con facilidade, claridade e transparencia", sinala o goberno local sobre unha web "máis moderna, actualizada e intuitiva".
Ademais de catro opcións principais no menú superior (Noticias, Goberno, Participación e Áreas) habilitáronse accesos directos ás tramitacións burocráticas máis relevantes, como son a sede electrónica, cita previa, pago de recibos e impresos e normativas.
Estratexia futura de Marín, axenda urbana, cultural e de lecer ou o contacto son outras das opcións ao alcance dos usuarios.
O obxectivo, tal e como se pode ler no discurso da alcaldesa María Ramallo, é que a páxina web poida ser "de utilidade para a cidadanía, achegando información relevante nunha web que é de e para todos e todas".