A CIG esixe o rescate da concesión do transporte sanitario programado de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción
A representación dos traballadores de Ambulancias Civera, concesionaria do servizo de transporte sanitario programado e de traslados intrahospitalarios da área de Pontevedra-O Salnés, compareceu este venres en rolda de prensa xunto a Xavier Aboi, da CIG, para esixirlle ao Sergas que rescate a concesión "ante os graves e constantes incumprimentos por parte da empresa".
En concreto, denuncian a falta de material básico ou o deterioro do existente e o uso de vehículos que non pasaron a inspección sanitaria ou a ITV.
Catro dos cinco delegados do comité (todos da CIG) denunciaron tamén "o deterioro das condicións laborais" desde que hai ano e medio a Xerencia da Área Sanitaria sacou "un concurso público deficitario" contratando a esta empresa dirixida desde Valencia. O concurso público foi sacado a licitación por 19 millóns de euros a tres anos e dous máis de prórroga, con sete ambulancias menos respecto do anterior concurso.
En rolda de prensa acusaron á Xerencia da Área Sanitaria de contratar a actual concesionaria "a sabendas" de que o contrato é "deficitario" o que está, ao seu xuízo "influíndo notablemente na asistencia a doentes, con esperas interminables nos seus tratamentos".
Afirman que Ambulancias Civera é unha empresa "totalmente desorganizada e sen coordinación, con falta de ideas, de criterio e de toma de decisións". Unha empresa, din, "que desde Valencia só viu especular, sen importarlle a calidade da atención aos doentes nin a profesionalidade do noso sector".
Relacionadas:
-
Convocada a folga indefinida en Ambulancias Civera a partir do martes 17 de xaneiro
Por Redacción |
-
Reclaman no Parlamento de Galicia a rescisión do contrato de Sanidade con Ambulancias Civera
Por Redacción |
-
Persoal de Ambulancias Civera péchase no Hospital Montecelo para denunciar impagos do salario
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Ambulancias Civera responde ás acusacións da CIG e admite que o concurso do servizo foi "deficitario desde o principio"
Por Redacción |
-
Traballadores das ambulancias da área sanitaria Pontevedra-Salnés denuncian graves carencias no servizo
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A CIG pide á Fiscalía que investigue a xestión do transporte sanitario na área de Pontevedra-O Salnés
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Desconvocada a folga de ambulancias do transporte programado da área sanitaria
Por Oskar Viéitez |