O mercado inmobiliario de Pontevedra, á alza con 428 novas vivendas en dous anos que van "completando a cidade"
Por Natalia Puga
Entre os anos 2021 e 2022, en Pontevedra solicitáronse licencias de obra para un total de 428 novas vivendas, un número que, a xuízo do concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, demostra que o sector inmobiliario "non está estrangulado".
Moreda deu conta este xoves da situación do urbanismo pontevedrés e concluíu que estes novos proxectos están "completando a cidade", construíndo en solares que ata agora estaban baleiros.
O Concello tamén destaca a importancia do sector da construción para a economía da cidade e que nos dous últimos años "vai para adiante".
Entre estes novos proxectos, destaca o dunha residencia da terceira idade na zona de Tafisa para a que se acaba de solicitar licencia. Tería capacidade para 298 prazas, 150 en habitacións dobres ou individuais e 48 en apartamentos tutelados.
En canto ás vivendas, no ano 2021 deuse licencia para 144 vivendas e no que vai de ano 2022 chegaron ao servizo de Urbanismo solicitudes de licencia para proxectos que suman un total de 284 . En total, entre os dous anos son 428 solicitudes, das que 254 xa se aprobaron e 174 están en tramitación.
En 2021 solicitáronse licencias para 14 vivendas na avenida de Lugo, 36 en Valdecorvos, 48 entre as rúas Lagares e Rafael Dieste, 9 en Loureiro Crespo, 11 Profesor Filgueira Valverde, 18 na avenida Josefina Arruti Viaño, 6 na rúa Real, 22 en Ramón Peña, 16 de protección oficial en Prado Novo (Valdecorvos) e un proxecto máis en Río das Leitugas.
En 2022 solicitáronse 110 entre12 de Novembro e Eduardo Pondal (foi unha modificación de licencia dun proxecto previo); 7 na rúa do Rouco; 44 entre Martín Códax, avenida da Coruña e A Santiña; 3 en Marqués de Riestra; 8 na rúa da Barca; 23 en Rúa dos Canos; 4 en Virxe do Camiño; 3 en Curros Enríquez; 14 en Mariscal Pardo de Cela; 26 noutro proxecto en Rouco; 40 na rúa Ludeiro de A Parda; 14 na avenida de Lugo e 110 entre 12 de Novembro e Eduardo Pondal.
Relacionadas:
-
A Xunta dá o visto e prace á construción de 74 novas vivendas públicas en Valdecorvos
Por Redacción |
-
O parque residencial da antiga Tafisa sumará 45 novas vivendas
Por Alejandro Espiño |
-
Adxudicada a redacción do proxecto e a dirección de obra das 76 vivendas sociais en Valdecorvos
Por Redacción |
-
Promoven un novo centro para a terceira idade con vivendas estilo cohousing na zona de Tafisa
Por Natalia Puga |
-
Tramitan as licenzas para Norauto, Eroski, Leroy Merlin, Kiwoko, Jysk e Decathlon no polígono do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
Urbanismo dá conta de pequenos trámites en grandes promocións privadas
Por Redacción |