Os bombeiros liberan unha parella atrapada nun caixeiro de Benito CorbaI
Por Oskar Viéitez
No medio dunha gran expectación cidadá, os bombeiros de Pontevedra liberaban este venres a unha parella que durante unha hora e media permaneceu atrapada no caixeiro interior da sucursal de Abanca en Benito CorbaI.
Sucedeu este venres sobre as oito da tarde. Esta parella de turistas entrou no banco para retirar diñeiro do caixeiro atopándose coa porta bloqueada cando tentaban saír do local.
Ante a imposibilidade de abrir a porta chamaron aos servizos de emerxencias que alertaron aos Bombeiros da cidade e á Policía Local, que tampouco o tiveron fácil.
Como medida de seguridade, os policías chegaron a acordoar a zona por se estalaba o cristal da porta.
Finalmente, cunha panca forzaron a porta e conseguiron abrila, entre aplausos da cidadanía e o alivio dos turistas atrapados.