O vacunódromo de Campolongo pechará o 30 de novembro
Por Redacción
O vacunódromo de Campolongo, pechará as súas portas o vindeiro mércores, 30 de novembro, segundo anunciou o Sergas.
Tras varios meses habilitado para vacinar contra o covid-19 e contra a gripe, a área habilitada debaixo do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra baixará a persiana.
Desta forma, a partir do 1 de decembro e ata o final da campaña da gripe (31 de decembro), a vacinación tanto do coronavirus como da gripe realizarase nos hospitais públicos a través do sistema de autocita, que se terá que solicitar a través da páxina web ou da aplicación Sergas Móbil.
A campaña continuará durante tres días á semana nos hospitais, un deles o sábado e unha tarde.
VACINACIÓN DA GRIPE Á POBOACIÓN DE 6 A 59 MESES
A Campaña de Vacinación da Gripe 2022 dos máis pequenos continuará esta fin de semana na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, segundo anunciou o coordinador de vacinación e director de enfermería, Juan Vázquez Vilar.
Para diminuír os riscos e a gravidade derivadas da gripe e minimizar o impacto, celebraranse dúas xornadas extra encadradas dentro da vacinación antigripal dirixidas á poboación de entre 6 e 59 meses.
Os centros habilitados para realizar a vacinación serán o Hospital Provincial (sábado e domingo) e o Hospital Público do Salnés (só o sábado). Ambos estarán dispoñibles de 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas.
Tal e como explicou Vázquez Vilar, os pais e nais recibirán un SMS convidándoos a acudir á vacinación, pero insiste en que, en caso de non recibilo, poderán asistir a vacinarse a condición de que cumpran co horario e a idade establecida.
Relacionadas:
-
A campaña de vacinación contra a gripe amplíase ata o día 15
Por Redacción |
-
A partir do 1 de decembro a vacina anticovid administrarase nos hospitais Montecelo e do Salnés
Por Redacción |
-
A gripe chegou antes este outono e xa está activo o plan de continxencia que prohibe acompañantes en Urxencias
Por Anxo Lourido |
-
Máis de 8.000 persoas recibiron xa a cuarta dose da vacina contra a covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria insiste en que están a buscar fórmulas para resolver os problemas na Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comeza a vacinación do persoal sanitario fronte á gripe
Por Oskar Viéitez |
-
Volven as colas ao vacinódromo de Campolongo
Por Redacción |