O PP propón un plan de humanización no barrio da Parda
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra proporá no próximo pleno municipal unha batería de plans para humanizar o barrio da Parda, un espazo que, tal e como indicou Silvia Xunco, "caracterízase pola ampla presenza de familias, polo que debemos darlle un impulso e darlles a importancia que merecen"
Tras visitar aos veciños durante os últimos meses e escoitar as súas propostas, o PP chegou á conclusión de que, a pesar de ser un barrio recente, "acumula grandes danos, tanto nas beirarrúas, pouco transitables nalgúns puntos, ou en instalacións como parques ou zonas de esparexemento". Ademais, "en zonas como no parque próximo aos xulgados, ten severos danos, co risco que conleva para os usuarios".
Neste sentido, a concelleira popular propón a elaboración dun plan de humanización integral onde incluirán o arranxo das beirarrúas e roza das mesmas; a reposición mobiliario urbano roto ou en mal estado; o asfaltado daquelas rúas que presentan un mal estado, como a rúa A Parda; o estudo para a implantación de novas paradas de autobús coa instalación de novas marquesiñas; a instalación e reparación de puntos de luz; a limpeza e mantemento das zonas verdes; a creación de novas zonas de aparcamento; maior presenza policial e, por último, a desratización do barrio, con especial atención aos parques infantís.
Finalmente, Xunco cre que hai un "abandono municipal" desta zona. "Estamos ante un barrio cuxas beirarrúas, rúas e xardíns atópanse sen rozar, con moitísimas baldosas ou lastras rotos, e un mobiliario urbano totalmente descoidado", concluíu.
Relacionadas:
-
O "espírito navideño" brilla pola súa ausencia no pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Dez días de reasfaltados en calzadas de dez puntos da cidade
Por Redacción |
-
A Seca, punto de inicio das visitas aos barrios do PP local
Por Redacción |
-
Adxudican tres proxectos para mellorar a calidade de vida dos barrios de San Roque, A Parda e Monte Porreiro
Por Redacción |