Concentración de Marea Branca en defensa da sanidade pública
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
As prazas de Ourense e A Ferrería acolleron este sábado a concentración convocada por Marea Branca para defender a Sanidade Pública.
As tres pancartas que presidían esta protesta esgrimían as mensaxes "Non á privatización da Sanidade Pública ", "A saúde non é un negocio por máis que a mafia sanitaria-política queira" ou "Solucións xa para a Sanidade Pública". Algunhas das persoas que secundaron esta convocatoria portaban paraugas vermellos que levaban pintado o lema "La Sanidad pública no se vende, se defiende".
Segundo explicou un dos portavoces do movemento Marea Branca, o sindicalista Rafael Vázquez, enumerou os problemas sanitarios que sofre o distrito sanitario de Pontevedra-O Salnés cunha "permanente falta de médicos en Atención Primaria, permanente falta de pediatras e o colapso practicamente diario no hospital Montecelo".
Asegura que "é unha situación radicalmente anómala" e sinalou que en relación co resto de áreas de Galicia "ningunha ten tantos problemas", indicou Vázquez unha circunstancia que relacionan "cos intentos de privatización da sanidade pública por parte do Partido Popular".
Segundo este portavoz de Marea Branca "dende o ano 2000" cando "paralizamos o intento de crear unha fundación público-privada co Hospital Provincial" como resposta o Partido Popular ven machacando constantemente á sanidade pública" de Pontevedra. E advertiu Rafael Vázquez que "agora mesmo volven ao mesmo sistema e o hospital teóricamente público de Montecelo vai ser un centro tamén de xestión público-privada".
A concentración incluíu a lectura dun manifesto.
Para o vindeiro miércoles está convocada unha manifestación que partirá ás 20.00 horas do Hospital Provincial.
Relacionadas:
-
Cambio na xerencia da área sanitaria e inmunodepresión social ante a falta de médicos
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz & Mónica Patxot |
-
José Flores, xerente da área sanitaria: "Os contratos que temos hoxe aquí son os mellores que se poden ofrecer"
Por Anxo Lourido |
-
Manifestación e petición de sinaturas nas rúas para demandar unha Atención Primaria de calidade
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Sanidade comprométese cos médicos para "estudar" unha reestruturación de centros de saúde
Por Redacción |
-
Masiva protesta en Moraña pola falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rompe relacións coa Consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
Participación masiva na manifestación en defensa da sanidade pública en Caldas
Por Redacción |
-
Bonecos para demandar un pediatra e melloras na Atención Primaria de Baltar
Por Redacción |
-
Poio sairá á rúa o 4 de decembro para "loitar contra a precariedade alarmante" do servizo sanitario no municipio
Por Redacción |