A Praza de Abastos acolle o I Foro Think Tank de Gastronomía e Sostibilidade de Pontevedra
Por Redacción
O Gastroespazo do Mercado de Abastos acolleu este sábado o I Foro Think Tank de Gastronomía e Sostibilidade de Pontevedra, impulsado polo Concello grazas á colaboración e financiamento da Deputación.
Incluíu unha mesa redonda titulada 'As ‘drinks’ protagonistas da gastronomía', moderada por Sonia Molero, sumiller profesional da Escola Española de Cata de Madrid, xerente de Uve Positivo e especialista en turismo enolóxico e gastronómico e que tivo como relatores a Gonzalo Rodríguez (do Club del Café), un dos mellores baristas de España e un dos poucos tostadeiros de Specialty Coffee de Galicia; Carlos Abilleira, responsable de Talento Cóctel e campión galego de Gin Tonic; , e o presidente do colectivo de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Daniel Lorenzo.
A xornada pechouse arredor das 21:30 horas cun Rebel Wine Time a cargo de Sonia Molero, que encargouse de maridar cos bocados do Gastroespazo cun viño diferente.
Para este domingo ás 12:00 horas está prevista unha mesa redonda sobre ‘Gastronomía, sostibilidade e desperdicio cero. ¿Tendencia ou moda?’, coordinada pola experta en proxectos gastronómicos Elena Vitoria (responsable de asínaa Carta Branca e CEO de Salmoira) e coa participación do concelleiro Iván Puentes, impulsor da estratexia Pontevedra Flúe e do Plan de Sostibilidade Turística de Pontevedra; o chef Rubén González Vallejo, de El Cafetín; a sumiller Sonia Molero; o responsable de J.Carrera, Javier Carrera Abalo; a CEO de BGreen, Patricia Fernández, e os socios de Bodega EntreVideiras Anxo Eiras e César Alonso. Ao rematar, ás 13:30 horas, haberá unha sesión vermú cunha cata de viño e bocados do Gastroespazo.
Na xornada de clausura do luns 28 de novembro celebrarase unha mesa redonda sobre ‘O emprendemento en gastronomía: novos modelos de negocio’, que será moderada polo xornalista Álex Espiño de PontevedraViva e na que intervirán a CEO de BGreen, Patricia Fernández; a CEO de Salmoira, Elena Vitoria; as responsables do espazo gastronómico Via Nai, Silvia Massetti e Mercedes Murga; o CEO de Bluscus – Turismo Marinero, Pablo Mariño, e un representante da Asociación de Jóvenes Empresarios (Aje).
Asemade, ás 13:30 horas terá lugar o acto de entrega do premio ao proxecto seleccionado pola incubadora e aceleradora de iniciativas gastronómicas GastroLab, un galardón que se entregará nun acto que contará coa asistencia da concelleira de Promoción Económica Yoya Blanco, Iván Puentes e mailo deputado provincial Santos Héctor Rodríguez.
De entre os cinco proxectos preseleccionados e que foron presentados en abril deste ano a unha mesa de expertos encabezada pola nosa madriña Eva Ballarín, dous foron os que chegaron ata esta fase final: o de Rutas ‘O Río como Prato’ (Ultramarinos), unha iniciativa que ten como eixo central o desfrute do río como elemento de lecer e cunha finalidade gastronómica, a través de diversas rutas e eventos gastro; e Spanishbox, unha proposta que consiste nun servizo de envío periódico de caixas de subscrición de comida española a domicilio (con alcance xeográfico ata a Unión Europea e os países do espazo Schengen, sen descartar nun futuro amplialo a outros continentes).
O programa do Foro Think Tank pecharase ás 13:45 horas cun Bar Talent Show a cargo de Carlos Abilleira (con bocados do Gastroespazo).