Buscan un home de 35 anos desaparecido en Verducido
Por Redacción
O pontevedrés Cristian Tomé Lores atópase desaparecido desde o pasado martes 22 de novembro, segundo alertou a asociación SOS Desaparecidos nun anuncio do que se fixeron eco a Policía e as agrupacións de Protección Civil.
Trátase dun veciño de Verducido de 35 anos, 1,85 metros de estatura, complexión delgada, pelo negro, ollos castaños e barba.
As persoas que teñan algunha información sobre o mozo poden poñela en coñecemento das autoridades competentes ou ben chamando a esta asociación a través dos teléfonos 642650775 ou 649952957.
Tamén está habilitado o correo electrónico info@sosdesaparecidos.es.