O arrecendo a castañas inunda Villa Paula
Por Redacción
O colexio Doroteas non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar o seu tradicional magosto. Os afortunados comensais das saborosas castañas foron os máis pequenos, os alumnos e as alumnas de Educación Infantil.
Paco, o tradicional castañeiro de Pontevedra, foi o encargado de levar esta tradición a Villa Paula.
Ademais de saborear as castañas asadas, os nenos e as nenas tamén puideron descubrir o proceso completo do seu asado, viron o carbón, tocaron a cinza e as castañas antes e despois de asalas e pintaron as caras co carbón que lles prestou Paco.
A celebración rematou cos rapaces probando as castañas, algúns por primeira vez, e coa despedida do castañeiro e o seu tren.
Tamén houbo tempo para os bailes, os xogos e as risas, que fixeron desta unha xornada moi completa e enriquecedora para o alumnado máis pequeno do centro.