A Misión Biolóxica de Galicia alíase con produtores, cociñeiros e formadores para divulgar os seus bancos de xermoplasma
Por Redacción
A Misión Biolóxica de Galicia (MBG) presentou este mércores na súa sede en Pontevedra o proxecto divulgativo "Biomisión: a cociñar tesouros", que ten como obxectivo divulgar os seus bancos de xermoplasma de millo, básicas (coles, grelos, repolos e verzas) e leguminosas (xudías e chícharos), así como o proceso "do banco á mesa".
Neste proxecto a MBG conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e en tamén participan o restaurante Culler de Pau, El Calabacín Rojo e o CIFP Carlos Oroza.
Na presentación desta iniciativa participaron Rafael Zas Arregui, director da MBG; Pilar Soengas, investigadora da MBG; Pedro Peón, promotor da iniciativa e responsable da Unidade de Proxectos de I+D+i da MBG; Antonio Cavada, responsable da El Calabacín Rojo e Ricardo Fernández, profesor no CIFP Carlos Oroza.
O proxecto inclúe a posta en marcha unha biomision.eu con información divulgativa sobre os bancos de xermoplasma, a difusión duns vídeos de animación sobre este mesmo tema e a convocatoria dun concurso nas redes sociais dirixidos ao público con idades comprendidas entre os 12 a 18 anos que co hashtag #biomision terá que indagar en supermercados, fruterías ou prazas de abastos sobre os produtos relacionados coa MBG buscando as variedades que están á venda. "Tamén lles pedimos que leven para casa algún deses produtos e o incorporen a un prato", explicou Pedro Peón.
Relacionadas:
-
O CSIC nomea a Rafael Zas Arregui director da Misión Biolóxica de Galicia
Por Redacción |
-
"O ciclo do sabor", unha experiencia gastronómica de produtos gourmet no IES Luís Seoane
Por Redacción |
-
RADIO.- En Biomisión sábeno: a verza galega é un superalimento e neste podcast explican por que
Por Redacción |
-
A Boa Vila celebra o Día Internacional contra o Cambio Climático cunha carpa chea de iniciativas
Por Redacción |
-
A vangarda científica intercambia no Pazo da Cultura os últimos avances no X Congreso Nacional de Mellora Xenética de Plantas
Por Redacción |
-
Dúas citas científicas sitúan a Pontevedra como referente mundial
Por Oskar Viéitez |