Deteñen un home por maltrato á súa parella na rúa Charino
Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo un home na rúa Charino como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras supostamente maltratar a súa parella en plena rúa.
A detención produciuse a media mañá deste venres. Un cidadán deu a voz de alarma pouco antes das 10.50 horas de que se estaba a producir un incidente entre unha parella e inmediatamente desprazáronse ao lugar dúas patrullas da Policía Nacional.
Segundo indicaron fontes policiais, cando chegaron os axentes non presenciaron ningunha agresión ou maltrato e a suposta vítima rexeitou denunciar o presunto agresor. Non obstante, os feitos foron presenciados por un cidadán, de modo que a Policía actuou de oficio e procedeu á detención do home.