Conchi Pereiro, vicepresidenta de AEMPE: "se na túa cidade non tes alumeado, vas a outros sitios para ver ese ambiente"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot
Conchi Pereiro e Diana Pastoriza, vicepresidenta e xerente de AEMPE, presentaban este xoves a campaña de Nadal no comercio local pontevedrés. Durante a súa intervención tamén responderon as preguntas dos medios de comunicación sobre o atraso no aceso das luces na capital, despois do comunicado emitido polo presidente José María Corujo criticando a decisión adoptada polo goberno local.
A vicepresidenta da asociación cualificou como "unha mágoa" esta situación porque "o ambiente anima a comprar nestas festas". Admitiu que o sector está moi "sensibilizado" e "cada comercio tratará de adornar no posible para paliar esa deficiencia durante estes días e pacientemente agardar ata o día 16", data en que está prevista a inauguración da iluminación do Nadal.
Recoñeceu que sempre hai persoas que, neste período, busca o ambiente do Nadal e "por curiosidade, por saber como está outra cidade" trasládanse a outros municipios para observar os motivos e adornos. "Todo o mundo desprázase e se na túa cidade non tes iluminación, vas a outros sitios para ver ese ambiente", afirmou Conchi Pereiro lamentando que non se acendan, como era habitual, ao redor do día 5 para aproveitar o ponte da constitución para incentivar o consumo.
En todo caso, lanzou unha mensaxe de optimismo "vamos esperar e a animarnos a consumir e a comprar no comercio de Pontevedra. Non vamos deixar que as luces nos quiten as ganas de comprar agasallos e consumir no comercio local".
CAMPAÑA 'O TEU NADAL, A NOSA VIDA'
As representantes de AEMPE presentaron tamén a campaña 'O teu Nadal, a nosa vida' para fomentar a compra durante estas datas no comercio local de Pontevedra. Un centenar de establecementos, asociados en AEMPE, forman parte desta proposta na que sortean vales de compra de 500, 300, 200, 150, 100 e 50 euros, que poderán gastalos nestes comercios.
Repartiranse 87 vales de compra e poderán participar todos os compradores que fan as súas compras nestes locais. Co ticket de compra, os clientes recibirán unha tarxeta cun código. Se resulta premiado, o importe para gastar en cada comercio será dun mínimo de 30 euros e un máximo de 200.
Será necesario entrar na páxina web de AEMPE e rexistrar o código. O período de vixencia desta promoción esténdese desde o 9 de decembro ata o 20 de xaneiro de 2023.
Conchi Pereiro lembrou que é necesario conservar ata a recepción do premio os tickets de compra e a tarxeta para poder optar no sorteo dos tres grandes premios do sorteo final que se celebrará o 23 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Comeza a instalarse o alumeado de Nadal nas rúas de Pontevedra, que agardará ata o 16 de decembro para o seu acendido
Por Redacción |
-
O Mercado de Abastos inaugura a súa iluminación cun "coidado absoluto polo medio ambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP reclama axudas municipais para que os comerciantes iluminen unha Pontevedra "triste y apagada"
Por Alejandro Espiño |
-
"Igual que non se concibe o Entroido sen comparsas, o mesmo pasa co Nadal, a iluminación crea ambiente"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra defende o tardío encendido do Nadal por "responsabilidade" ante a crise enerxética
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez pide o adianto da iluminación de Nadal para favorecer o comercio local e hostalería
Por Redacción |
-
Pontevedra non encenderá as luces de Nadal ata o 16 de decembro
Por Alejandro Espiño |