Rueda enxalza a Pepe Vieira e os vínculos entre o Camiño de Santiago e a alta cociña
Por Redacción
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este sábado o restaurante Pepe Vieira con motivo da consecución da segunda estrela Michelin e aproveitou para subliñar o vinculo da alta cociña co Camiño de Santiago na consecución de cifras récord de turistas deste ano, no que Galicia xa alcanzou seis millóns de visitantes
Na consecución destas cifras considerou importante a contribución da gastronomía de calidade con “recoñecementos internacionais” como os que recibiu o cociñeiro Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, a quen felicitou pola "moi merecida" segunda estrela Michelin.
Na súa visita, o presidente galego lembrou que Galicia contará o próximo ano con 18 estrelas Michelin, un número que, na súa opinión, reflicte a creatividade, a vangarda e a potencia da cociña galega.
"Temos unha pequena constelación de restaurantes dunha enorme calidade", aseverou o presidente da Xunta, en referencia a que dos 325 establecementos Q de Calidade turística existentes na comunidade, 80 son de restauración.
Rueda mostrou o compromiso da Xunta en continuar traballando por fortalecer a alianza da gastronomía e turismo de calidade en Galicia e destacou os máis de 30 millóns de euros que a Xunta de Galicia executará entre este ano e 2025 para actuacións no campo da enogastronomía e a posta en valor dos territorios vinícolas.
Relacionadas:
-
O hotel gastronómico co que Pepe Vieira volve "a la casilla de salida"
Por Alejandro Espiño |
-
Un menú 'dúas estrelas' para a Noiteboa do comedor social de San Francisco
Por Alejandro Espiño |
-
O hotel de natureza co que Pepe Vieira quere redondear a súa experiencia gastronómica
Por Alejandro Espiño |
-
A burocracia, último 'escollo' para que Pepe Vieira converta a antiga Ferraxería Varela en asador
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Vieira, o triunfo á constancia da "última cociña do mundo"
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Vieira logra a súa segunda Estrella Michelin: "Esto es gracias a todos los que están conmigo cada día"
Por Alejandro Espiño |