Unha visita moi especial na Escola de Hostalería o propio Carlos Oroza
Por Redacción
Os alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza recibiron hai uns días unha visita especial para todos os que estudan nesta escola de restauración e hostalería. O poeta Carlos Oroza, que dá nome ao centro, quixo achegarse a saudarlles acompañado de Antón Pulido, pintor e grabador, cuxo traballo máis recente está sendo exposto no Museo de Pontevedra.
Carlos Oroza, nacido en Viveiro (Lugo) en 1933 e que reside actualmente en Vigo, malia non ter unha gran cantidade de traballo publicado, adquiriu unha notable popularidade nos anos setenta, época na que se dedicou a dar recitais de poesía, nos que interpretaba e realizaba performances da súa obra. Os seus poemas, cun enfoque de poesía beat, valéronlle o premio de poesía de Nova York.
Recentemente presentou en Pontevedra o seu último libro, ÿvame, unha colección da súa obra publicada pola editorial Elvira, que tamén inclúe debuxos e bocetos seus, así como poemas inéditos.