Comeza a instalarse o alumeado de Nadal nas rúas de Pontevedra, que agardará ata o 16 de decembro para o seu acendido
Por Redacción
Tres operarios da empresa Creaciones Lumínicas - Electromiño movíanse este mércores 7 de decembro polo centro de Pontevedra co vehículo guindastre instalando a iluminación para estas festas de Nadal. Xa levan un día realizando este operativo coa incorporación destes adornos por rúas como Michelena e Fernández Villaverde.
Segundo indicaron os operarios desta empresa de Tui, adxudicataria do contrato, a preguntas de PontevedraViva, todas as luces que se están instalando estes días son led e sinalan que aínda non saben canto tempo levará este traballo xa que o proceso é lento debido ás dificultades de realizar a instalación coa presenza de numerosos viandantes polas rúas peonís, ademais de vehículos de repartición e de servizos que complican.
A pesar de que a instalación se iniciou esta semana, a iluminación festiva xeneral da cidade non se acenderá ata o venres 16 de decembro, unha decisión polémica que o BNG do goberno local e, en concreto, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores xustifican como un "xesto simbólico" e por "racionalidade na iluminación de Nadal", como explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
Fronte a esta decisión, o grupo socialista, socio no goberno local, si decidiu iluminar desde o luns 5 de decembro o Mercado de Abastos coa decoración destas festas coa intención de animar á compra neste espazo, dependente da concellería de Promoción Económica, que dirixe Yoya Blanco.
Pola súa banda o Partido Popular criticou este atraso esixindo unha rectificación por parte da alcaldía, do mesmo xeito que entidades empresariais como AEMPE ou AJE, que trasladan as queixas dos seus asociados. Demandan un adianto do aceso para poder competir con outras localidades, principalmente Vigo, ás que acode clientélaa grazas ao atractivo lumínico das súas rúas e a ambientación festiva.
Ante esta situación xurdiu tamén o movemento #IluminaPontevedra, que busca a colaboración cidadá para que "entre todos e sen axuda de estamentos públicos de ningunha cor", poida "brillar tamén en Nadal".
Relacionadas:
-
As festas da Peregrina están ao virar a esquina e as luces xa o anuncian
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O poboado da Ferrería será a 'porta de entrada' ao Nadal pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
O Nadal chega aos 'xardíns que falan' da Praza de España e da Praza de Ourense
Por Redacción |
-
Novo ataque á burbulla decorativa de Nadal situada diante do Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O Mercado de Abastos inaugura a súa iluminación cun "coidado absoluto polo medio ambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Luces de Nadal: Gulías recoñece que na coalición municipal "funcionamos con diferentes criterios"
Por Oskar Viéitez |
-
O atraso no acendido das luces de Nadal "non é un drama", asegura Lores
Por Alejandro Espiño |
-
O PP reclama axudas municipais para que os comerciantes iluminen unha Pontevedra "triste y apagada"
Por Alejandro Espiño |
-
"Igual que non se concibe o Entroido sen comparsas, o mesmo pasa co Nadal, a iluminación crea ambiente"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Conchi Pereiro, vicepresidenta de AEMPE: "se na túa cidade non tes alumeado, vas a outros sitios para ver ese ambiente"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Lores defende que o atraso no aceso da iluminación do Nadal "non é por aforro exactamente. É simbólico, é un xesto"
Por Diego Espiño |
-
Animan á cidadanía a suplir a falta de luces de Nadal iluminando fachadas, escaparates e balcóns
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra non encenderá as luces de Nadal ata o 16 de decembro
Por Alejandro Espiño |