O servizo de Emerxencias de Sanxenxo realizou 854 intervencións no que vai de ano
Por Redacción
O servizo de Emerxencias de Sanxenxo realizou un total de 854 intervencións no que vai de ano.
As situacións de risco centraron neste ano boa parte do traballo do servizo cun total de 212 intervencións por retiradas de postes e cables (59), limpeza de vía (41), escapes de gas (10), movemento de contedores ou mobiliario (10), caída de árbores ou ramas (34), inundacións (26) e accidentes laborais (2).
En canto aos rescates, o servizo contabiliza un total de 23 rescates de animais, 23 en contorna urbana, 3 no rural e 9 no medio acuático. As intervencións por niños de vespa velutina foron 69, por animais, 69 e preventivas, 31.
Ata 154 incendios de distinto tipo obrigaron a intervir ao servizo. En vehículos (13), urbanos (37), mobiliario urbano (17), marítimo (2), industrial (5), forestal sen vivenda (46), forestal con vivenda (16), industrial (6) e eléctrico (6), entre os máis destacados. En canto a accidentes de tráfico, Emerxencias realizou 115 intervencións. Dos que en 11 rexistráronse atrapados, en 16 non había feridos e 18 limitáronse a limpeza de vía.
Por días da semana, o balance revela un maior número de incidencias os martes (139) e os luns (126), sendo os mércores (114) e os domingos (113) as xornadas de menor actividade.
O servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo é un grupo supramunicipal que intervén ademais de en Sanxenxo onde está a súa base nos municipios de Poio, O Grove e Meaño. Ademais, no que vai de ano colaboraron en operativos de distinto tipo en Agolada, Barro, Bueu, Caldas, Cerdedo-Cotobade, A Illa, Meis, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova.
Relacionadas:
-
Dúas persoas resultan feridas nun accidente laboral ao virse abaixo un andamio
Por Redacción |
-
Rescatan un can que caeu a un pozo dunha vivenda de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un incendio calcina dous vehículos e material almacenado no garaxe anexo a unha vivenda en Noalla
Por Redacción |
-
Sanxenxo saca a licitación o alugueiro de dúas naves como almacén para distintos servizos municipais
Por Redacción |
-
Excarceran unha persoa en Sanxenxo tras impactar un coche e unha furgoneta
Por Redacción |