Xa se poden deixar as cartas aos Reis Magos nas oficinas de Correos de Pontevedra e Marín
Por Redacción
Ata o 5 de xaneiro, os escolares que o desexen poderán depositar as súas cartas coas peticións para os Reis Magos nas caixas de recollida de sobres de Nadal que Correos instalou na oficina principal de Pontevedra, situada na Oliva, e na oficina postal de Marín.
Correos indica que con esta iniciativa quere fomentar o espírito do Nadal e, ao mesmo tempo, promover a práctica da escritura entre os escolares.
Trátase da 27 campaña que a entidade postal organiza con espazos específicos para recoller os desexos dos máis pequenos das familias para entregar as cartas aos seus destinatarios en Oriente. Nalgunhas cidades tamén un equipo de voluntariado recollerá as peticións en centros hospitalarios.