Paraugas de préstamo para os veciños de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas repatirá un total de 800 paraugas nos establecementos comerciais do municipio.
Trátase dunha campaña pensada para incentivar as compras no comercio local e que permitirá aos establecementos contar con paraugas para prestar entre os veciños e que así poidan facer as súas xestións e compras sen temos a mollarse.
Os paraugas, que comezarán a repartirse o vindeiro luns 12 de decembro, estarán dispoñibles ademais nos edificios públicos do centro urbano.
"Son paraugas de coller e deixar, para usar os días de choiva e que ninguén se molle cando fai as súas compras ou xestións en Ponte Caldelas. Calquera persoa pode collelo, por exemplo, no Concello e deixalo en calquera comercio, cafetería, entidade bancaria… para que o empregue outra persoa que o precise", explica o alcalde, Andres Díaz.
Os paraugas, de cor amarela, levarán a frase "En Ponte Caldelas nunca choveu que non escampara" ademais do logotipo "Ponte Caldelas está de moda".