Barro restaurará o cruceiro de Outeda, datado no século XVII
Por Redacción
O goberno municipal de Barro, dentro do seu plan de mellora e posta en valor do patrimonio, vai intervir no cruceiro de Outeda, na parroquia de Curro, para mellorar o seu estado de conservación e garantir a súa seguridade.
Trátase dun elemento patrimonial que está datado no século XVII e que no pasado xa foi obxecto dalgún arranxo, segundo reflíctese nos estudos previos á actuación ao detectar restos de cemento e ladrillo.
Ademais da súa propia conservación, o Concello de Barro espera que unha vez finalizada a restauración, coa limpeza da pedra póidanse coñecer novos detalles sobre a historia do cruceiro ao poder comprobarse se existe algunha inscrición oculta polos liques que aclare quen patrocinou a súa construción, así como os santos que alí están representados.
Neste último aspecto pénsase que as imaxes representadas corresponden a Santo André de Ferrer ou San Bartolomeu, aínda que non existe certeza respecto diso.
Segundo explica o Cocnello, os traballos para realizar van consistir no desmonte de todos os elementos de cruceiro, incluída a base, para poder realizar unha restauración total.
Aproveitando isto, o cruceiro vaise mover aproximadamente un metro da localización actual, co obxectivo de apartalo todo o posible da circulación rodada e evitar así posibles danos no futuro por impacto de vehículos.
O proxecto, elaborado por Gonzalo Buceta Bruneti, conservador e restaurador de bens culturais, conta cun orzamento de 13.375,60 euros, financiados cunha subveción da Deputación de Pontevedra.