#BueuTenPremio, o concurso para dinamizar o Nadal na villa
Por Redacción
O Concello de Bueu pon en marcha un certame de dinamización do Nadal, que premiará as mellores propostas audiovisuais que poñan en valor a decoración dos establecementos comerciais e, doutra banda, a dos espazos públicos e fogares.
A iniciativa xermola dende o grupo de goberno e conta coa colaboración de entidades como a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) e a Asociación Veciñal da Banda do Río, e con ela búscase incrementar o espírito festivo nestas datas.
Baixo o cancelo de #BueuTenPremio, as persoas que o desexen poderán subir aos seus perfís sociais nestas redes os seus vídeos etiquetando ao @concellodebueu. O certame propón dúas categorías para participar: dunha banda, vídeos nos que se mostre a decoración navideña dos comercios locais, e doutra, creacións audiovisuais nas que se observe a decoración en fogares ou espazos públicos. Os obxectivos son a promoción e fomento do consumo nos establecementos locais a través das redes sociais, por ser unha forma dinámica de poder chegar o maior número de públicos posibles, e axudar aos comercios e establecementos da vila a integrarse e coñecer os beneficios da era dixital.
As persoas que queiran participar terán que ser maiores de 16 anos, gravar un vídeo co máximo espírito de Nadal en galego, subilo ás redes sociais (Instagram, TikTok, ou ambos), mencionando @concellodebueu xunto aos cancelos #BueuTenPremio (obrigatorio), #NoNadalComercioLocal (se se participa na categoría de comercio) e #NoNadalEspazosLocais (se se participa na categoría de espazos e fogares). Os vídeos deben empregar a lingua galega, de forma escrita, oral ou musical, con contido orixinal e propio, cunha duración máxima de 120 segundos, estar localizables en Bueu, e non poderán conter acción violentas, apoloxía da violencia, mensaxes de odio ou de carácter ofensivo.
O Concello investirá 600 euros que repartirá en seis vales de compra para gastar nos establecementos do Comercio do Morrazo, e premiaranse diversos vídeos dos que se valorarán a orixinalidade e o maior número de visualizacións. O xurado estará composto por representantes municipais, do comercio local e tecido asociativo e expertos no mundo audiovisual, e terán en conta a creatividade das pezas presentadas.
Relacionadas:
-
'Choconadal' preséntase como unha das novidades máis atractivas do programa de Nadal de Bueu
Por Redacción |
-
Un abeto natural de seis metros preside a inauguración do alumeado de Nadal
Por Redacción |
-
O Apalpador visitará 46 concellos da provincia da man do programa da Deputación 'Nadal en galego'
Por Redacción |