Unha maxistrada especializada en violencia sobre a muller, un fiscal xefe e unha avogada participan nun coloquio sobre a Lei do "Só si é si" na UNED
Por Redacción
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro, a partir das 18 horas, un coloquio protagonizado por Juan Carlos Aladro Fernández, fiscal xefe da Fiscalía Provincial de Pontevedra; Begoña López Anguita, maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 5 de Madrid; e Belén Romero Sáez, profesora titora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, avogada especialista en Dereito civil, de familia, administrativo e penal; sobre aspectos controvertidos da Lei de Garantía Integral da Liberdade Sexual, máis coñecida como a “Lei do Só Si é Si”.
Esta iniciativa divulgativa promovida polo Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais que coordina Rafael Cotelo Pazos, pretende achegar ao público e á sociedade en xeral os diversos aspectos que rodean esta nova Lei cuxa aplicación está a espertar importantes controversias entre a cidadanía e os propios profesionais do dereito.
O acto será gratuíto tanto presencial como online, e será presentado polo director do Centro Asociado en Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED, Víctor González Sánchez, e o coloquio será moderado por Francisco Javier Menéndez Estébanez, maxistrado presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra e profesor titor da UNED.
Belén Romero Sáez, avogada e profesora titora da UNED, centrará a súa intervención inicial na orixe e finalidade da Lei do Só Si é Si; mentres que Juan Carlos Aladro, fiscal Xefe da Fiscalía Provincial de Pontevedra, abordará os aspectos controvertidos da reforma e a visión do Ministerio Fiscal a través do Decreto da Fiscalía Xeral do Estado sobre a revisión de penas. Pola súa banda, Begoña Gómez Anguita, maxistrada titular do Xogado de Violencia sobre a Muller número 5 de Madrid, centrarase nos aspectos positivos da reforma.
Relacionadas:
-
Rebaixan a condena a dous violadores pola lei do 'só si é si', pero non supón a súa excarceración
Por Natalia Puga |
-
O PP reclama en Marín a corrección da Lei do 'só si é si' e o cesamento da ministra de Igualdade
Por Oskar Viéitez |
-
Un photocall para o despegue do 50 aniversario da UNED
Por Redacción |
-
A visibilización e empoderamento da muller protagonizan o inicio do ano na UNED de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá en 2023 o encontro anual de presidentes das audiencias provinciais
Por Redacción |
-
A UNED e o sindicato SUP colaborarán en actividades científicas e culturais
Por Redacción |
-
A UNED inaugura un novo curso apelando á necesidade de visibilizar á muller
Por Redacción |